-->

jueves, 1 de enero de 2009

CAMPUS FÚTBOL SALA 2014

EDICIÓN 2014 (AÑO 2º DEL BFS)

50 nenos e nenas participaron no Campus de Fútbol Sala organizado por segundo ano consecutivo polo Baíña FS e o Concello de Baiona, co patrocinio de "La Caixa", e que se desenvolveu desde o pasado luns 21 de xullo ao venres 25 no Pavillón Municipal de Deportes.

Estivo impartido por adestradores de primeiro nivel como Martínez López do Manacor, Gael do Colexio Labor, e Dani, Luís, Isma, Almuíña, etc. do equipo anfitrión.

Ademais de moitas actividades relacionadas co fútbol sala, como entrenos de técnica e táctica, sesións específicas para porteiros..., os participantes puideron gozar dun obradoiro de inglés coas profesoras Beatriz e Ángela, dunha charla co psicólogo deportivo Javier Barra sobre os valores do deporte, e de moitos xogos e excursións á praia.

Tamén recibiron a visita da profesora Sara Almeida de Portugal, e os adestradores Silva, de Vigo, e Javier Vidal, do BFS.














0 comentarios:

Publicar un comentario